Thursday 09 de May de 2024

Cigarreiras,este sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Contraproducións presenta a obra de teatro Cigarreiras, dirixida por Cándido Pazó, coa interpretación de Tamara Canosa, Susana Dans, Covadonga Berdiñas, Isabel Naveira, Ledicia Sola, Ana Santos, Mercedes Castro. As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproducións presentou unha relectura dunha das obras máis interesantes de Emilia Pardo Bazán: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas sobre os que xirará esta relectura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto cun fondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.

VENDA DE ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-gabriel-garcia-marquez/15213–cigarreiras-de-contraproducions-sl.html